dvb-c vs dvb-t - televisión

soporte técnico R : televisión

dvb-c vs dvb-t

  • Unha dúbida:

    Se temos un televisor equipado con dvb-c e dvb-t que sinal nos interesa usar habitualmente??

    Quero decir... xa sei que por cable temos a ventaxa de poder sintonizar algún canle autonómico, ... a maiores, pero... ¿temos a mesma calidade de imaxe por ambas vías? ou polo contrario e algo mellor nunha delas?.

    Un saudo

    publicado fai 6 anos por jomasape

  • Ola jomasape

    A maior vantaxe é a de dispor dun maior número de canles. De tódalas formas, imos consultar se tecnicamente hai algunha canle que teña maior calidade se usamos dvb-c.

    Un saúdo.

    publicado fai 6 anos por soporte técnico

    editado fai 6 anos por soporte técnico

  • Ola jomasape

    Confírmannos que a día de hoxe a calidade é similar en ambos casos, agás nas canles Telecinco e Cuatro, que a través de dvb-c teñen maior calidade. Esta maior calidade nótase sobre todo en eventos deportivos.

    Un saúdo.

    publicado fai 6 anos por soporte técnico

  • De acordo, aclarado!!

    Moitísimas gracias polo soporte e rapidez.

    Ah... e noraboa por estes novos foros técnicos!!

    publicado fai 6 anos por jomasape

  • Grazas a ti, jomasape.

    publicado fai 6 anos por soporte técnico