TV na web - televisión

soporte técnico R : televisión

TV na web

  • Parabéns antes de nada por esta nova canle de atención ao cliente; Hai algún xeito de desfrutar nas tabletas (Android, Ipad ou Windows 8), da TV por internet que hai dispoñible en TV.mundo-r.com con algún programa específico? Ben sexa unnha aplicación de R ou ben, fornecendo algúns parámetros para velos con outras aplicacións. Escoitei falar dunha aplicación ou plugin chamado algo así chamado XBMC, hai esa opción en R? Tedes pensado poñer máis canles (como CTK) para máis adiante?

    De atenmán, grazas por a vosa atención

    publicado fai 6 anos por SusoPB

  • Hola SusoPB, benvido a forosR.

    Polo de agora só é posible visualizar as canles a través da URL no propio navegador ou, en tablets, escollendo un reprodutor xa instalado no dispositivo, tipo MX Player. En relación ao tema de ampliar a parrilla, recordarche que tv R web aínda está en fase probas con estes primeiros 19 canles coa intención de ir engadindo máis nun futuro, aínda que non che poderíamos indicar ningún prazo.

    Un saúdo.

    publicado fai 6 anos por soporte técnico