Televisión R dende a web - televisión

soporte técnico R : televisión

Televisión R dende a web

  • Ola a todos,

    Remata a xornada de traballo e chegades á casa, os nenos vendo os debuxos nunha tele, a vosa parella co seu programa favorito na outra, e vós sen poder ver esa serie que tanto che gusta… Keep calm and tv web R ;)

    tv web R é un novo servizo complementario da túa televisión R que permite desfrutar ao máximo dos contidos de televisión noutros dispositivos.

    O esencial é que podedes ver eses contidos noutras pantallas como o voso PC, tablet ou teléfono móbil. Ata 5 usuarios da vosa casa poderán ver ao mesmo tempo unha canle de tv diferente.

    Podedes acceder directamente no apartado de televisión da web de clientes R, pulsando en "ver a tele".

    Tedes máis info en: tv web R

    Un saúdo,

    imaxes adxuntas

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico