tv comigo limitada - televisión

soporte técnico R : televisión

tv comigo limitada

  • Ola, desde fai un tempo ocórreme que na tv comigo hai moitas canles ás que non me deixa acceder; refírome incluso a canles que emiten en aberto: xeneralistas, autonómicas,etc. e que si poido ver na tv normal. Hai forma de arranxar esto? Grazas,.

    publicado fai 2 meses por Masca

  • Ola, Masca.

    O acceso a Tv Comigo, como o fas? Pola app ou ben nun navegador no pc?
    En ámbolos casos, poderías borrar a caché? Se é na app, sería borrar os datos da aplicación. Se o acceso é co Pc, habería que probar a borrar a caché do navegador.

    Grazas. 

    publicado fai 2 meses por soporte técnico

    editado fai 2 meses por soporte técnico

  • Ola de novo. O acceso é a traves da aplicación. Acabo de borrar os datos da app e parece que xa funciona correctamente.

    Grazas e un saúdo.

    publicado fai 2 meses por Masca

  • Ola, Masca.

    Alegrámonos que quedara amañado.

    Grazas por usar os foros. Un saúdo.

    publicado fai 2 meses por soporte técnico