TV Comigo LDAP - televisión

soporte técnico R : televisión

TV Comigo LDAP

  • Ola,

    estaba intentando autenticarme no cliente web de tv comigo e estou obtendo un erro (ver imaxe) cando se fai a autenticación a través do voso LDAP.

    Para descartar que se tratara dun erro meu, fixen logout da app móbil (funcionaba ben) e agora tampoco podo acceder dende o móbil.

    ¿Estades facendo algún mantemento no directorio do servidor de autenticación? ¿Poderiades revisar que todo funciona ben?

    Por certo, non estaría demáis usar o protocolo https para evitar ataques MITM (Man In The Middle), pois a info de acceso envíase sen cifrar.

    Saúdos

    imaxes adxuntas

    publicado fai 28 días por CLiFFF

  • Ola, CLiFFF.

    Puido tratarse dalgún tipo de mantemento, xa que acostuman a facerse de madrugada, nos momentos nos que hai menos clientes empregando os servizos.

    Agora debería funcionar todo correctamente.

    Grazas por participar nos foros.

    publicado fai 28 días por soporte técnico

  • Ola,

    sería un mantemento pero hoxe estamos na mesma, podedes revisalo?

    Saúdos

    publicado fai 27 días por CLiFFF

  • Ola, despois de falar no 1449 e de facer diversas probas veño de detectar o seguinte, por se vos pode axudar a saber a causa:

    Fixen unha reinstalación tanto do plugin como da app android.

    Se me conecto dende unha conexión R non teño problema e todo funciona ben.

    Se me conecto dende unha conexión NON R pasa o seguinte:

    1- IP de rango 172,243.40.* con firewall do router activado ou desactivado: Queda dando voltas indefinidamente os circuliños da pantalla de login e aparece o erro da captura que vos poñía no primeiro post.

    2- IP de rango 91.126.46.* (saída directa DMZ): Queda dando voltas a ventana de login e despois de un rato refrescase volvendo a pedir credenciales e así indefinidamente.

    Para parchear e sair do apuro o que fago é usar o meu móbil R por tethering para facer o login en TV Comigo e unha vez dentro, como se rexistra a cookie de acceso xa podo usar as conexións 1 e 2 para ver a TV.

    Por tanto unha de dúas: Ou ben R fai un bloqueo por IP ou ben é cousa do ISP da miña segunda residencia (ADAMO) quen fai o bloqueo, ainda que lles consultei e dinme que non restrinxen nada. Probei tamén con IP Movistar e dende ahí funciona ben.

    A ver se con esta investigación me podedes decir algo porque é un auténtico rollo ter que facer tethering para loguearme na app.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 27 días por CLiFFF

  • Ola de novo.

    Sí, vexo que tes a incidencia aberta e quedaron en chamarte de novo uns compañeiros. 
    Grazas pola información adicional que aportas.

    Un saúdo.

    publicado fai 24 días por soporte técnico