Cambios canles TDT 31/03/2015 - televisión

soporte técnico R : televisión

Cambios canles TDT 31/03/2015

  • O próximo día 31, varias canles da TDT teñen que cambiar a súa frecuencia. Este proceso estaba pendente na provincia de Ourense e nalgúns concellos lucenses como Sarria. Por ese motivo, se non ves algunha canle, resintoniza o teu televisor ou receptor TDT. Se ves a televisión a través dun desco de R, isto non che afectaría.

     

    • Clientes SEN desco R pero que ven a TV conectados a través da toma de R (TDT):

    Resintoniza o teu receptor TDT ou o teu televisor con TDT.  É dicir, hai que buscar de novo as canles, xa que están nunha frecuencia nova. Aquí tes un manual de como facelo

     

    • Clientes SEN desco e que non ven a TV conectados á toma de R: 

    Neste caso ves a televisión conectado a través da antena da túa comunidade de veciños. Debes falar co presidente da comunidade para saber está adaptada. En caso contrario, hai que chamar a un antenista para que realice as adaptacións necesarias na antena. Non é un servizo de R.

     

    • Clientes con televisores conectados ao desco R (TV mini, TV series, TV familia o TV total):

    Non che afectan estes cambios. Dende R xa nos encargamos de facer as modificacións para que sigas desfrutando das canles no mesmo dial que ata o de agora.

     

    Que canles se verán afectadas?

    • la6Desaparece         
    • Gol TV Resintoniza  
    • Cuatro Resintoniza  
    • Divinity  Resintoniza            
    • Boing  Resintoniza   
    • Telecinco Desaparece        
    • FDF Desaparece       
    • Energy Desaparece 
    • Antena3Desaparece           
    • NeoxDesaparece     
    • NovaDesaparece     
    • Onda Cero    
    • Europa FM    
    • Melodía FM   

     

    Se es un cliente doutra provincia e deixaches de ver algunhas canles, proba a facer unha resintonización e asegúrate de que teñas a tv conectada á toma de R. Se a tes conectada á toma comunitaria, é probable que teñas que falar co presidente da comunidade.

     

    publicado fai 5 anos por soporte técnico

  • Acabo de resintonizar a televisión, (eu véxoa sen desco R pero conectado a través da toma de R (TDT)), e paréceme moi pero moi forte que cando teño en modo por cable non poida ver xa as seguintes canles: Nova, Neox, Disney Channel, Discovery Max, 13 Tv, Santiago Tv, nin as cadeas de radio: Melodía Fm e Europa Fm. Cando antes non tiña ningún problema. Sí, si miro a través de modo antena sí poido, pero perdo de ver outras moitas canles. Non sei a que foi debido iso, pero paréceme moi mal, vaia unha falta de respecto. Espero que poidades solucioná-lo. Gracias.

    publicado fai 5 anos por jpercar

  • Ola jpercar,

    No fío http://foros.mundo-r.com/foros/foro-tvR/620-sintonizar-samsung-ue40d6000 hai indicacións para resintonizar afinando os parámetros da búsqueda de canles.

    Se tras resintonizar de novo continua igual tamén pode tratarse de un problema coa sinal nalgunha frecuencia concreta. Nese caso habería que revisar os conectores do cable da antena e se aínda así non se sintonizan chámanos ao 1449 para revisalo.

    Un saúdo.

    publicado fai 5 anos por soporte técnico

  • Ola de novo,

    Xa fixen todo o comentado, e segue igual, seguen sin verse, cando estou no modo TDT DVB-C, os canles mencionados antes (Nova, Neox, Disney Channel, Discovery Max, 13 Tv, Santiago Tv, nin as cadeas de radio: Melodía Fm e Europa Fm), que sin embargo sí se ven si estou en modo TDT DVB-T (pero neste caso non vexo outros canles locais que só se ven por cable). Dicir que NON é problema algún dos conectores do cable da antena, primeiro porque é novo, e segundo porque antes da modificación SÍ se veían.

    Así, que lles agradecería que mirasen o motivo.

    Grazas.

    publicado fai 5 anos por jpercar

  • Boa tarde jpercar,

    As canles que menciona estanse a emitir en DVB-C xa que é o sistema que utiliza o noso desco e non temos detectada incidencia a nivel de rede.

    Para poder revisar o seu caso é necesario que nos chame ao 1449.

    Un saúdo

    publicado fai 5 anos por soporte técnico

  • Hola buenas, yo tengo una samsung f6400 y con esos parámetros del hilo que se cita anteriormente no se sintoniza nada de nada. Al sintonizar automáticamente, en cable no cojo un montón de cadenas que antes tenía: cuatro, cuatro hd, a3 hd... en el modo antena en vez de cable no he probado a sintonizar porque temo que igual me quede sin las que tengo, me falta sólo energy aunque claro, no puedo ver ninguna de las que sólo se emiten por cable.

    publicado fai 5 anos por RamonTrell

  • Bueno, pois será verdade, entón que alguén me explique porque non poido velos cando sintonizo por cable e sí cando o fago por antena................. Por certo, repito NON teño desco, é a través da propia televisión.

    publicado fai 5 anos por jpercar

  • Hola RamonTrell y jpercar,

    Como ya comentábamos anteriormente, si tras revisar cableado y resintonizar no se ven algunos canales puede ser necesario abrir una incidencia llamando al 1449.

    Un saludo.

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Boas tardes,

    A que pode ser debido que a canle Antena 3 HD non se poida ver algunas veces, xa resintonicei en DVB-C dúas veces, consigo velo, pero os poucos dias volvo a ter problemas. Pasame só nesa canle, nos outros non teño problema e con Antena 3 normal ( o sease sen HD ) tampouco teño problema. Gracias. Saudos.

    publicado fai 4 anos por Javito

  • Ola Javito,

    Recentemente houbo cambios nas frecuencias de emisión pero non afectaron soamente a Antena 3 HD. Se sucede cunha canle determinada, como é o teu caso, entendemos que non é por este motivo.

    ¿Lembras se ó resintonizar a canle se atopa na mesma frecuencia? De ser así o máis probable sería un fallo no sintonizador da TV.

    Unha boa proba sería ver se pasa o mesmo con outro televisor.

    Un saúdo e grazas por utilizar os nosos foros.

     

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

    editado fai 4 anos por soporte técnico