bloquear chamadas desde o fixo - teléfono

soporte técnico R : teléfono

bloquear chamadas desde o fixo

  • Ola,

    Non podo sumar esta mensaxe a outro dos fíos que tratan este tema porque están todos pechados. Quería sumarme aos que solicitan un servizo que permita bloquear as chamadas de determinados números desde o fixo. Hai empresas realmente cansinas. Acabo de chamar ao SAT no 1449 e ao suxerirlle esto a quen me atendeu respondeume que era algo que non se podía facer desde a operadora. Pero acabo de ver que en movistar por exemplo si o fan (rechazo selectivo de llamadas, chámase o servizo). Así que reitero a suxerencia...

    Graciñas e un saúdo.

    publicado fai 3 anos por óscar

  • Ola, óscar.

    Dende soporte podemos informar das opcións das que dispoñemos e o bloqueo de chamadas dun número concreto non é un servizo que teñamos actualmente.

    Tomamos nota do que nos comentas. Indicarche tamén que este tipo de suxestións podes dirixilas ao correo electrónico falaconR@mundo-r.net.

    Grazas por participar no noso foro.

    Un saúdo.

    publicado fai 3 anos por soporte técnico

  • es una opción interesante y a veces necesaria ya que las empresas de venta de servicios muchas veces son pesadas y llaman a horas intempestivas

    publicado fai 3 anos por Victormanuel