fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola a todos.
Dado que segue a ser un servizo ampliamente utilizado e sempre xurden dúbidas, queríamos recoller neste fío de maneira máis pormenorizada as funcionalidades e o método de uso do noso contestador cando o utilizas dende o teu propio terminal da liña analóxica.
Activación / Desactivación
Para activar o teu contestador, marca *10# dende o teu teléfono.
Para desactivar o teu contestador, marca #10# dende o teu teléfono.
Acceso.
Perfecto. Xa está activado. ¿E como o consulto? Tes dúas maneiras:
¿E que pasa se non estou una casa? Non hai problema, poderás acceder desde calquera línea (fixa ou móvil) marcando o 900 825 277. Mediante esta opción a locución vaiche pedir, por motivos de identificación, dúas cousas: o PIN do teu contestador e o número do buzón, que non é outra cousa que o teu número de teléfono. Se non lembras ter establecido un PIN no teu contestador, o que ven por defecto é o 0000. Máis adiante explicámosche como cambiar o teu PIN.
¿E como me entero de que teño mensaxes? Deberás acceder mediante alguna das alternativas explicadas arriba. Adicionalmente, moitos termináis, teñen a súa propia maneira de avisarche de que unha chamada non foi atendida, o que che pode dar una pista de se tes mensaxes ou non.
Opcións do contestador.
Cada vez que accedas ao contestador, o primeiro que escoitarás é se tes ou non mensaxes gardados, xa sexan novos ou non, e no caso de que tiveses algún pendente pasará directamente a reproducircho e poderás decidir que queres facer con cada un.
En calquera momento, unha vez dentro do contestador, podes pulsar a tecla 0 para escoitar a locución de axuda ou ben pulsar * para acceder ao menú principal, onde a locución pasará a dicirche as diferentes opción que ten. Serían :
tecla 1: accede ás túas mensaxes de voz e fax.
Dentro de cada mensaxe de voz terás as seguintes opción:
Dentro de cada mensaxe de fax, terás as seguintes opcións:
tecla 9: accederás á configuración do teu contestador. Se nunca entraches aquí, convén que botes un vistazo. Aquí é onde poderas establecer unha mensaxe de benvida personalizado, en tre outras cousas. Estas son as opción que podes configurar:
Básicamente, isto é todo, pero compre tamén que teñas en conta o seguinte:
Esperemos que vos resulte útil. Deixámosvos tamén un diagrama con todas as opción para que vexades que é moito máis sinxelo do que parece. Coido que non se nos esquece nada; en calquera caso, xa sabedes que aquí nos tedes para calquera dúbida que poida xurdir.
Un saúdo.
imaxes adxuntas
publicado fai 5 anos por soporte técnico