Xestión do contestador avanzado de R dende a túa liña fixa - teléfono

soporte técnico R : teléfono

Xestión do contestador avanzado de R dende a túa liña fixa

  • Ola a todos.

    Dado que segue a ser un servizo ampliamente utilizado e sempre xurden dúbidas, queríamos recoller neste fío de maneira máis pormenorizada as funcionalidades e o método de uso do noso contestador cando o utilizas dende o teu propio terminal da liña analóxica.

    Activación / Desactivación

    Para activar o teu contestador, marca *10# dende o teu teléfono.

    Para desactivar o teu contestador, marca  #10# dende o teu teléfono.

    Acceso.

    Perfecto. Xa está activado. ¿E como o consulto? Tes dúas maneiras:

    • Colle lína no teu teléfono e marca o 22277 e a continuación accederás ao menú do contestador.
    • Colle liña no teu teléfono e espera uns segundos; automáticamente accederás ao menú do contestador.

     

     

    ¿E que pasa se non estou una casa? Non hai problema, poderás acceder desde calquera línea (fixa ou móvil) marcando o 900 825 277. Mediante esta opción a locución vaiche pedir, por motivos de identificación, dúas cousas: o PIN do teu contestador e o número do buzón, que non é outra cousa que o teu número de teléfono. Se non lembras ter establecido un PIN no teu contestador, o que ven por defecto é o 0000. Máis adiante explicámosche como cambiar o teu PIN.

    ¿E como me entero de que teño mensaxes? Deberás acceder mediante alguna das alternativas explicadas arriba. Adicionalmente, moitos termináis, teñen a súa propia maneira de avisarche de que unha chamada non foi atendida, o que che pode dar una pista de se tes mensaxes ou non.

    Opcións do contestador.

    Cada vez que accedas ao contestador, o primeiro que escoitarás é se tes ou non mensaxes gardados, xa sexan novos ou non, e no caso de que tiveses algún pendente pasará directamente a reproducircho e poderás decidir que queres facer con cada un.

    En calquera momento, unha vez dentro do contestador, podes pulsar a tecla 0 para escoitar a locución de axuda ou ben pulsar  * para acceder ao menú principal, onde a locución pasará a dicirche as diferentes opción que ten. Serían :

    tecla 1: accede ás túas mensaxes de voz e fax.

    Dentro de cada mensaxe de voz terás as seguintes opción:

    • tecla 1: devolver a chamada ao número que che deixou esa mensaxe.
    • tecla 2: volver a escoitar a mensaxe.
    • tecla 3: borrar a mensaxe e pasar á seguinte.
    • tecla 4: gardar mensaxe.
    • tecla 5: escoitar os datos da persoa que deixou a mensaxe e cando.
    • tecla 6: escoitar a data na que se deixou a mensaxe.
    • tecla 7: borrar todas as mensaxes gardadas.
    • tecla 8: avanzar 5 segundos na mensaxe que se está a escoitar.
    • tecla 9: voltar ao menú principal.
    • tecla 00: facer una pausa na mensaxe (para reanudala basta con pulsar calquera tecla).
    • tecla #: saltar a mensaxe e seguir coa seguinte.

     

    Dentro de cada mensaxe de fax, terás as seguintes opcións:

    • tecla 1: imprimir o fax na túa máquina de fax por defecto. É necesario ter configurado o número proviamente, máis adiante explicamos como.
    • tecla 2: imprimir o fax nunha máquina de fax distina á máquina por defecto.
    • tecla 3: borrar a mensaxe de fax e pasar á seguinte.
    • tecla 4: marcar a mensaxe como escoitada e pasar á seguinte.

     

    tecla 9: accederás á configuración do teu contestador. Se nunca entraches aquí, convén que botes un vistazo. Aquí é onde poderas establecer unha mensaxe de benvida personalizado, en tre outras cousas. Estas son as opción que podes configurar:

    • tecla 1: mensaxe de benvida. Grava aquí a túa mensaxe personalizada que escoitarán as persoas que che deixen una mensaxe. Tes a opción de gravalo completamente ou so deixar o nome ao quen pertence o contestador.
    • tecla 3: configuración do fax. Aquí poderás establecer e activar un número de máquina fax por defecto ao que poderás reenviar as mensaxes de fax que deixen no contestador.
    • tecla 4: contrasinal do contestador. Aquí poderás establecer e cambiar o PIN do teu contestador para cando o queiras consultar dende una línea diferente (lembra, chamando ao 900 825 277).
    • tecla 5: idioma do contestador. Cambia o idioma entre galego e castelán.

     

     

    Básicamente, isto é todo, pero compre tamén que teñas en conta o seguinte:

    • Dende a web de clientes poderás xestionar todos os teus contestadores, permitindo enlazalos á una conta de correo electrónico, para que tamén poidas revisar as mensaxes de voz e fax dende alí. O idioma e o reenvío das mensaxes tamén son configurables dende a web. Poderás atopar máis detalles diso neste outro fío.

     

    • Todas as accións que describimos con anterioridade podes levalas a cabo mentres esteas escoitando a mensaxe gravada ou a locución do contestador, non necesitas agardar a que rematen ou se lean completamente.

     

    • As mensaxes do teu contestador borraranse automáticamente en 7 días, polo que recomendámosche que o revises de cando en vez ou que as redirecciones a una conta de correo electrónico.

     

    • Se o número no que queres activar o contestador forma parte dunha liña dixital RDSI terás que actívalo establecendo un desvío se non contestan ao número do contestador, marcando a seguinte secuencia *61*278# (#61#, se o queres desactivar) e marcar o 22277 para acceder ao mesmo.

     

     

    Esperemos que vos resulte útil. Deixámosvos tamén un diagrama con todas as opción para que vexades que é moito máis sinxelo do que parece. Coido que non se nos esquece nada; en calquera caso, xa sabedes que aquí nos tedes para calquera dúbida que poida xurdir.

     

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico