Número fixo dado de baixa - teléfono

soporte técnico R : teléfono

Número fixo dado de baixa

  • Despois de contratar o servizo de fibra en R, e xa sendo cliente con anterioridade, recibimos de forma sorprendente que o noso número fora dado de baixa. Despois de falar co comercial de Redetel, e confirmarnos que non deramos autorización para esa baixa, dinos que debe ser un problema de R e que nun curto espazo de tempo quedaria solventada a incidencia. Despois de case 20 dias sen liña e coa conseguinte perda económica,continuamos sen atopar solución. Ó persistir este problema e ante a imposibilidade de encontrar outras vias, vemenos na obriga de emprender acción xudiciais ante a neglixencia cometida pola compañia R

    publicado fai 10 meses por Atilano

  • Ola, Atilano.

    Esta cuestión a están a tramitar os compañeiros de xestión de clientes, non podemos revisala dende soporte técnico. Pasámoslles de novo o aviso.

    Desculpa polas molestias ocasionadas.

    Un saúdo.

    publicado fai 10 meses por soporte técnico