fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola de novo!
Unha funcionalidade dos teléfonos móbiles que, sobre todo nas vacacións, utilizamos cada vez máis é a de compartir a conexión con outros dispositivos.
Se tes un iPhone, para que se active a opción de compartir Internet é preciso que accedas a "Ajustes > Datos móviles > Red de datos móviles" e que escribas "internet.mundo-r.com" no punto de acceso. O usuario e o contrasinal quedan valeiros.
Unha vez configurado a punto de acceso xa poderás acceder a "Ajustes > Compartir Internet".
Se o teu móbil é Android, o menú para activar esta opción cambia en función do modelo. O habitual é que estea en "Ajustes > Más redes/Redes móviles > Anclaje a red y zona Wi-Fi/Hotspot". Para ver instruccións específicas podes consultar as nosas guías de uso móbil R.
Nota: Nos móbiles Android, se os dispositivos conectados á zona wifi non teñen conexión a Internet, hai que facer un axuste no punto de acceso. Accede a "Ajustes > Más redes/Redes móviles > APN/Nombres de punto de acceso", pica sobre o punto de acceso "Internet R" e cambia o "tipo de APN" de xeito que quede escrito "default,supl,dun".
Un saúdo.
imaxes adxuntas
publicado fai un ano por soporte técnico