fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola.
De seguro que máis dunha vez vos pasou que esperabades unha chamada importante que non daba chegado. Mentres esperabades esa comunicación, recibides outra chamada, que resulta ser unha conversa de media hora. Colgades e vos queda a dubida: "chamarían mentres falaba ou non?"
Para eses casos, temos unha opción na nosa liña de móbil R. Podemos facer que se nos chaman mentres esteamos falando, logo recibamos un sms que nos avise desa chamada.
Dende a web de http://clientes.mundo-r.com accedemos a móbilR->Configurar móbilR->Configurar chamadas perdidas.
Alí podemos modificar o escenario por defecto, no cal recibimos un sms se nos chaman cando o móbil está apagado ou fora de cobertura, para que tamén nos avise cando nos chaman e a nosa liña comunique.
Así poderemos devolver a chamada perdida que agardabamos con tanto interese.
imaxes adxuntas
publicado fai 3 anos por soporte técnico
editado fai 3 anos por soporte técnico