Twitter en galego/español en Android - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Twitter en galego/español en Android

  • Teño o Twitter en inglés e non son quen de poñelo en galego ou inglés. Como podo facelo?

    publicado fai 7 anos por xanela

  • Bos días, 

    De momento a versión de Twitter en galego tan só esta dispoñible vía web (twitter.com). Imaxinamos que nun futuro (como fixeron con outras traducións), sacarán a tradución para Android e para iOS tamén en galego.

    Agora tes o Twitter en inglés xa que seguramente teñas o móbil configurado en galego e cando unha APP non está traducida o idioma do terminal instalase por defecto no idioma no que se desenrolou, neste caso en inglés.

    Podes ter mais información e participar nas traducións en translate.twitter.com

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

    editado fai 7 anos por soporte técnico