fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Bos días,
Só publico este fío a título informativo, por se alguén se atopa no mesmo caso.
Teño un terminal Moto X. Todo ía perfecto, excepto o tethering (compartir a conexión de Internet con outros dispositivos). Podía activalo pero non me funcionaba correctamente. Dende R confírmanme que é problema do dispositivo, e non da rede (algúns operadores capan o tethering, aínda que este, por sorte, non é o caso, pois xa o viña utilizando cos terminais que tiña anteriormente).
Contactei con soporte de Motorola, e comentáronme que tiña que modificar un parámetro do APN "Internet R" (Axustes/Máis/Redes móbiles/APN/Internet R). O valor do campo "Tipo de APN" ten que rematar en ",dun". No meu caso, o valor dese campo quedaría así: "default,dun"
Agora o tethering funciona perfectamente :)
Por outra banda, creo que dende R deberiades incluir este valor nas configuracións de Internet que enviedes a outros clientes con Moto X, e incluso comprobar se se debe extrapolar o caso a outros terminais con Android KitKat 4.4.4
publicado fai 7 anos por Álex
Bos días,
Como ben dis isto ocorre cos terminais Moto X e outros terminais de Motorola coma o Moto G. No seu día o escalamos o fabricante e informáronos de que se debía configurar tal como dis.
Por desgraza de momento non podemos modificar que para estes terminais, chegue a configuración doutra maneira, pero si que o temos documentado para que os nosos técnicos podan dar resposta.
Por último confirmar que non sucede en todos os casos que o terminal teña Android 4.4.4 xa que por exemplo nos Nexus 4 e 5 funciona o tethering de forma correcta configurando o Tipo de APN da forma predeterminada: "Default,supl"
publicado fai 7 anos por soporte técnico