Wifi R e windows phone - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Wifi R e windows phone

  • Ola, ¿está previsto unha app para os terminais con windowsphone? Quero conectarme á wifi de clientes R e só temos dúas opcións: android ou iphone.

    publicado fai 6 anos por Pantangruel

  • Bos días,

    De momento non hai aplicación para os terminais con Windows Phone. De todos modos sempre podes conectarte usando o navegador web coma con calquera equipo.

    Para isto:

    1. Imos a "Configuración → Wi-Fi" e nos conectamos a rede "wifi_clientes_R"
    2. Abrimos o Internet Explorer e escribimos na barra de dirección www.mundo-r.com
    3. Apareceranos unha páxina que pon "wifi clientes R" na que nos pide aceptar as condicións de uso.
    4. Despois de aceptalas nos pedirá logarnos coma usuario de R, aquí escribimos os nosos datos de acceso a Web de Clientes e aceptamos.
    5. Unha vez feito isto xa estaremos conectados, este procedemento sempre é o mesmo con calquera dispositivo (PC, Tablet, Móvil...) independentemente do sistema operativo.

    publicado fai 6 anos por soporte técnico