Xestiona os teus servizos R dende o móbil - móbilR

soporte técnico R : móbilR

Xestiona os teus servizos R dende o móbil

  • Ola a todos,

    Desta volta querémosvos amosar a nova web de clientes R, na que teredes moito máis sinxelo atopar o que buscades (activar desvíos, consultar a factura, configurar o wifi, ver o voso pin, etc…).

    Como veredes, a apariencia aseméllase moito ás aplicación e simboliños dos móbiles cos que seguro estaredes xa ben familiarizados. Para configurar todo o relacionado do móvil debes pulsar sobre móbilR

    Unha vez dentro entre outras opcións podemos configurar o móbil para xestionar o roaming, desvíos, restriccións...

    Dicirvos tamén que o novo espazo para clientes conta cun deseño responsive, é dicir, que se adapta de xeito óptimo á pantalla de calquera dispositivo. Probádea nos vosos móbiles!

    Recordade que podedes crear un acceso directo á web de clientes R no voso Smartphone como se dunha aplicación máis se tratase. 

    Queres saber como? Telo neste fío: Crear atallo á Web de Clientes de R

    Un saúdo,

    imaxes adxuntas

    publicado fai 6 anos por soporte técnico