BONO 30Gb - móbilR

soporte técnico R : móbilR

BONO 30Gb

  • Se contrato o bono regalo de 30 Gb o 15 de xullo teño ata o 15 de agosto para consumilo? Son 30 días dende que se contrata? Grazas pola vosa axuda. Un saúco.

    publicado fai 3 meses por ISAGG

  • Ola ISAGG,

    O bono entra a funcionar desde o día que o contratas. Os 30 Gb terías 30 días para consumilos, tendo en conta que si os esgotas antes, xa empezarías a consumir datos do bono habitual.

    Para o exemplo que pos, collendo o bono o 15 de xullo, tes ata o 14 de agosto para gastar os 30 Gigas.

    Se os consumes antes do 14 de agosto, empezarás a usar os datos que se corresponden coa túa tarifa mensual no momento que esgotes os 30 Gigas.

    Se non o consumes, o 15 de agosto xa estarías usando o bono que che corresponde a túa tarifa mensual.

    Un saúdo
     

     

     

    publicado fai 3 meses por soporte técnico