Xogos e a nosa axuda informática - internet

soporte técnico R : internet

Xogos e a nosa axuda informática

  • Ola a todos,

    A rapidez na internet é algo que todos demandamos, pero de forma máis incisiva os clientes que xogan en rede. Se é certo que a velocidade contratada é importante, hai outros factores que inflúen nun funcionamento áxil do equipo.

    É necesario optimizar o  PC ao máximo para sacar todo o partido posible. Aínda que o procesador e a tarxeta gráfica inflúen, tamén temos que axustar correctamente a súa configuración para sacar o seu máximo rendemento.

    Tamén debedes manter  windows actualizado, así como os  drivers da vosa tarxeta gráfica.  E non esquezades ter un antivirus instalado para eliminar posibles virus ou  troyanos que afecten á navegación. Aquí deixámosvos a ligazón a Seguridade  R, o noso antivirus.  Ademais  se sodes clientes particulares e tedes contratado o noso antivirus, dispoñedes do servizo de axuda informática de balde para solucionar calquera dúbida que vos poida xurdir relacionada co  PC, o portátil e cos periféricos dos nosos equipos (conexións, configuración do sistema operativo, etc.). Pero ademais, este servizo bríndavos soporte sobre os programas máis comúns que adoitedes empregar.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai un mes por soporte técnico

    editado fai un mes por soporte técnico