Alerta engano - internet

soporte técnico R : internet

Alerta engano

  • Por si a algun vos pasou, moitos clientes están a alertarnos deste anuncio que lles aparece ao entrar en determinadas webs de información xeral.

    É un engano, usan a nosa imaxe para conseguir os teus datos de carácter persoal.

    Os clientes  preguntanos por que sae esa mensaxe personalizada, por que saben que é cliente de R.

    O que fan é lanzar o anuncio na súa web. Unha vez que entras na súa web, coñecen a túa IP e a IP indícalles quen é o teu operador.  Ademais, grazas a ferramentas como Google Analytics pode coñecerse en tempo real cal é o operador que che dá servizo.

    Grazas a esa información, personalizan a mensaxe. De tal xeito que os clientes doutros operadores ven a mesma mensaxe, pero co nome e o logotipo do seu operador.

    A estafa é sempre a mesma: dinche que es o gañador dun premio dunha contía elevada. O único que tes que facer é responder a unha enquisa moi sinxela e ao final pídenche os datos.

    Nós nunca che pediremos datos dese xeito. Así que, ante a dúbida, desconfía e pregúntanos.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 3 meses por soporte técnico

    editado fai 3 meses por soporte técnico