Diagnóstico do estado do servizo - internet

soporte técnico R : internet

Diagnóstico do estado do servizo

  • Ola a todos!

    Cada día estamos máis habituados a utilizar os nosos dispositivos para facer calquera xestión. As chamadas telefónicas dannos cada vez máis preguiza. En R somos conscientes disto e puxemos á vosa disposición unha ferramenta para que vós mesmos poidades facer un diagnóstico do estado do servizo.

    Se creedes que o voso equipo non está a responder correctamente só tedes que acceder á web de clientes de R (http://clientes.mundo-r.com/botones/) e seleccionar o servizo afectado. Seguindo uns sinxelos pasos analizaremos o módem en remoto e comprobaremos se ten algún fallo, se hai algunha avaría ou se necesitamos acudir á vosa vivenda para revisalo.

    No apartado de 'servizos de cliente' tedes que seleccionar internet.

    Desde a sección de 'axuda e soporte da internet' xa podedes diagnosticar o estado do voso acceso.

    Esperamos que vos sexa de axuda.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 5 meses por soporte técnico

    editado fai 5 meses por soporte técnico