fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola,
Seguro que escoitastes en moitas ocasións que necesitades abrir os portos do router, ben para facer videoconferencias, para acceder a un xogo ou para configurar programas de descarga.
A continuación, pasamos a recordar cómo podedes facer unha redirección de portos ou facer un DMZ (apertura total de portos) dunha forma sinxela e sen ter que acceder directamente ao router pola porta de enlace. Desde a túa web de clientes de R (http://www.clientes.mundo-r.com/) só terás que indicar os portos que queres abrir e a que dirección IP queres apuntalos.
Para a redirección de portos accedes a túa web de clientes no apartado de 'opcións avanzadas'>'redirección de portos'.
A través da mesma web podes facer un DMZ (apertura total de portos) no apartado de 'opcións avanzadas'>dmz.
Esperamos que che sexa útil.
Un saúdo.
imaxes adxuntas
publicado fai 3 anos por soporte técnico
editado fai 3 anos por soporte técnico