Apertura de portos - internet

soporte técnico R : internet

Apertura de portos

  • Ola,

    Seguro que escoitastes en moitas ocasións que necesitades abrir os portos do router, ben para facer videoconferencias, para acceder a un xogo ou para configurar programas de descarga.

    A continuación, pasamos a recordar cómo podedes facer unha redirección de portos ou facer un DMZ (apertura total de portos) dunha forma sinxela e sen ter que acceder directamente ao router pola porta de enlace.  Desde a túa web de clientes de R (http://www.clientes.mundo-r.com/) só terás que indicar os portos que queres abrir e a que dirección IP queres apuntalos.

    Para a redirección de portos accedes a túa web de clientes no apartado de 'opcións avanzadas'>'redirección de portos'.

    A través da mesma web podes facer un DMZ (apertura total de portos) no apartado de 'opcións avanzadas'>dmz.

     

    Esperamos que che sexa útil.

    Un saúdo.

     

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 6 meses por soporte técnico

    editado fai 6 meses por soporte técnico