Conexións por WPS - internet

soporte técnico R : internet

Conexións por WPS

  • Ola de novo.

    Todos estamos afeitos a conectarnos ao noso router cun contrasinal wifi, pero tamén existe outra opción que permite asociar os dispositivos coa rede. Esta función coñécese como WPS (Wi -Fi Protected Setup). O primeiro que debemos facer é conectarnos á rede co dispositivo (móbil, tablet, computador, smart tv...). No apartado de "axustes" - "Wi-Fi" - "Avanzado", dispoñeremos de 2 opcións:

    • WPS, se está sen PIN, basta con pulsar neste botón e comezará a sincronizarse.
    • WPS con PIN,  tras pulsalo aparecerá un número de 8 díxitos que teremos que poñer accedendo ás opcións do noso  router. Unha vez introducido, sincronizaranse.

     Indicámosvos onde se activa e como configuralo nos nosos equipos máis instalados.

    Technicolor CGA2121    


    Neste modelo tedes estes dous botóns na parte dianteira, presionando o superior durante un par de segundos acenderá a funcionalidade WPS. Logo só haberá que conectar o dispositivo. Podes configurar os valores na opción "Wireless" - "Primary Network".

     

    ARRIS TG2492

    Este router ten un botón na parte de diante para activar e desactivar esta opción. O LED indicará se o WPS está activo. Para acceder á consola tedes que entrar no apartado "Básico" e na parte inferior desta pantalla podedes darlle os valores que desexedes.

    Technicolor TC7230 / TC7210

    Presionando brevemente o botón superior, acende / apaga a Wifi. Unha pulsación longa habilita a asociación do módem cun PC ou outro equipo. Para configurar o WPS desde a configuración do router debemos entrar en "Wireless" - "Primary Network" - "Automatic Security Configuration",  pode estar disable ou WPS.

    Un saúdo.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 9 meses por soporte técnico

    editado fai 9 meses por soporte técnico