As luces do router - internet

soporte técnico R : internet

As luces do router

  • En moitos casos preguntádesnos como podedes comprobar o estado do voso servizo coas luces do router, este fío é para que teñades esta información a man sen necesidade de ir ao manual. Indicámosvos os datos dos equipos máis instalados.

    Technicolor CGA2121    

    Power:                

    • Se verde, equipo aceso.

    Online:        

    • Se parpadea: equipo está a realizar o proceso de escaneado e rexistro.
    • Se fixo está: rexistrado e navega correctamente.

    WIFI:

    • Se aceso, o wifi está a funcionar.
    • Se parpadea: equipo/ s conectado ao wifi cursando tráfico.
    • Se apagado: wifi desactivado.

    Ethernet: se aceso, hai algún equipo conectado no switch Ethernet.

    Tel 1-2:

    • Se apagado: interface non activado no ficheiro de configuración docsis.
    • Se parpadea: interface activado pero falla a provisión da interface ou o rexistro.
    • Fixo: interface activado e correctamente provisionado.

    Botóns

    • Superior: WPS. Presionalo durante un par de segundos acenderá a funcionalidade WPS. Logo só haberá que conectar o dispositivo de cliente.
    • Inferior: presionándoo dous segundos, apaga ou acende a wifi.

     

    ARRIS TG2492

    Power: se verde, equipo aceso.

    US/ DS: indica a  conectivadad de  downstream e  upstream.

    Online: indica o estado de transmisión de datos por internet.

    2,4Ghz: indica o estado da wifi de 2,4Ghz.

    5Ghz: indica o estado da wifi de 5Ghz.

    Tel 1: indica o estado da liña 1 de teléfono.

    Tel 2: indica o estado da liña 2 de teléfono.

    WPS: comeza a asociación cun dispositivo wifi. O  LED indica que o  WPS está activo.

     

    Technicolor  TC7230

    Power: se verde, equipo aceso.

    Online:

    • Se  parpadea é que o equipo está a realizar o proceso de  escaneado e rexistro.
    • Se fixo está rexistrado e navega correctamente.

    WIFI: se aceso, o wifi está a funcionar.

    Tel 1-2:

    • Se apagado: interface non activado no ficheiro de configuración  docsis
    • Se  parpadea: interface activado pero falla a provisión da interface ou o rexistro.
    • Fixo: interface activado e correctamente  provisionado.

    Ethernet: se aceso, hai algún equipo conectado no  switch Ethernet.

     

    Technicolor TC7210

    Power se está en verde, equipo aceso.

    DS: indica o estado da recepción de datos polo cablerouter desde a rede(tráfico downstream).

    US: indica o estado da transmisión de datos do  cablerouter á rede (tráfico upstream).

    Online: mostra o estado da conexión por cable.

    • A luz está apagada cando non hai conexión de cable.
    • A luz ilumínase cando o  módem estableceu unha conexión coa rede e os datos poden ser transferidos.

    1-4: indica o estado dos portos Ethernet.

    USB:

    • Aceso indica que un dispositivo  USB está conectado. 
    • Parpadeando indica que se está cursando tráfico desde o dispositivo.

    WIFI: indica se o wifi está activo ou non.

    Pone: 1-2 indica o estado do teléfono Teléfono 1 e Teléfono 2.

     

    Esperamos que vos sirva de axuda.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 4 meses por soporte técnico

    editado fai 4 meses por soporte técnico