O control parental de seguridade R - internet

soporte técnico R : internet

O control parental de seguridade R

  • Hoxe imos falar do control parental da nosa seguridade R. Co noso antivirus ti decides a onde se pode navegar e onde non, podendo restrinxir ademais o horario e o tempo de navegación.

    Cos distintos perfís do módulo do control parental, pódese controlar cando se accede a Internet e determinar a qué páxinas web pode entrar cada ordenador. Por outra banda, pódense configurar durante o proceso de instalación mediante o asistente de inicio, ou posteriormente, mediante o asistente de perfís na pantalla de configuración onde poderemos acceder a:

    • Lista dos sitios Web accedidos/permitidos/denegados para os diferentes perfís.
    • Á configuración dos perfís.
    • A cambiar os contrasinais dos perfís.

     

    En función da estrutura familiar que utilice o equipo configuraremos:

    • Nenos
    • Adolescentes
    • Nenos e adolescentes.

     

    Tamén poderemos:

    • Configurar o filtro web e o bloqueo temporal para cada perfil.
    • Seleccionar as categorías das páxinas Web denegadas (botón "Editar").
    • Activar a opción de permitir todos os páxinas en lugar do filtrado de páxinas web por categorías.
    • Revisar a lista de páxinas ás que se entrou e a lista de páxinas denegadas e permitidas introducidas a man. Se seleccionamos unha das páxinas do historial poderíamos borrala da lista, engadila ás páxinas permitidas ou denegadas e abrir directamente esa páxina seleccionada. Tamén poderemos borrar o historial por completo.

     

    O bloqueo temporal de Internet aparece activo, e con unha franxa horaria predefinida, que poderemos modificar, definindo a hora de comenzo e a hora de remate da franxa horaria na que permitimos o acceso a Internet.

    Podemos despreocuparnos do uso que se faga de internet, co noso antivirus tes seis categorías de filtrado, multiidioma, listas brancas e negras e a seguridade de R: https://seguridade.mundo-r.com/seguridade/gl.

    Un saúdo.

    publicado fai un ano por soporte técnico