wificlientes R - internet

soporte técnico R : internet

wificlientes R

  • Ola a todos.

    Seguro que xa coñeces o noso servizo de internet wifi gratuito na rúa, wificlientesR. Se aínda non o estas a usar, animámoste a usalo. É moi sinxelo.

    O único que tes que facer para comezar a gozar das vantaxes desta gran rede wifi de R é isto: Activar e configurar o servizo unha soa vez; porque logo, cada vez que o teu dispositivo detecte a rede, conectarase automáticamente sen necesidade de botar man de usuario nin contrasinal ningún.

    Neste fío queremos mostrarvos como podedes conectar o voso móbil, PC ou tablet a wificlientesR. Imos aló.

     

    Configurar wificlientesR nun móbil android:

    Para configuralo, descarga a App "usuario servicios R" e segue as instruccións.
    Ao abrir a aplicación, se non o temos configurado, sairá automáticamente un aviso que nos permite configurar este servizo no terminal.

    Configurar wificlientesR nun móbil Iphone:

    Accede á web de clientes R e selecciona a liña móbilR do teléfono iOS que queres configurar. Deste xeito, obterás un perfil de configuración que terás que instalar.

    Se accedes á web de clientes a través do teu móbilR terás dispoñible un enlace directo para descargar o perfil de configuración (debes utilizar Safari para acceder á web).

    Noutro caso, poderás enviar o enlace por SMS ou por email para instalalo no teu móbilR máis tarde.

    Unha vez realizada a descarga do perfil de configuración, procede a aceptar a instalación pulsando en Instalar.

    Se o teu dispositivo conta cun código de desbloqueo deberás introducilo, aceptar e finalizar a instalación do perfil.

     

    Configurar wificlientesR nun PC

    Neste caso, terás que acceder cos teus datos á web de clientes R: http://clientes.mundo-r.com

    Una vez alí, pulsa en "wificlientesR" -  "Configurar wificlientesR".

    Por último, selecciona a liña do combo e pulsa en configurar.

    Cousas que debedes saber:

    Por cada liña de móbilR ou combo tes unha conexión. Utiliza a conexión dos móbiles R para conectarte con eles á rede e a conexión do combo para conectarte dende outros dispositivos tipo tablets wifi ou portátiles. Coa conexión do combo poderás conectarte con varios tablets ou portátiles, pero con só un á vez.

    As conexións son de tráfico ilimitado: por cada licencia tes dispoñibles 20GB mensuais a máxima velocidade e a partir dos 20GB a velocidade é de 256Kbps de baixada e 256Kbps de subida. Deste xeito, nunca te quedarás sen conexión.

    Máis información sobre wificlientesR en:

    http://wificlientesr.mundo-r.com/

    http://respuestas.mundo-r.com/es/internet/wificlientesR

    Esperamos que che sexa útil.

    Un saúdo.

    imaxes adxuntas

    publicado fai 10 meses por soporte técnico

    editado fai 10 meses por soporte técnico