SAIDA HACIA INTERNET CO HITRON - internet

soporte técnico R : internet

SAIDA HACIA INTERNET CO HITRON

  • Boas Tardes,

    Quería consultar unha incidencia que teño aberta e da que estou a espera do técnico.

    Resulta que dun día para outro deixei de ter internet. O Hitron con todas as súas luces ecendidas e accesible localmente. Probei a reiniciar, desconectar o cable coaxial e incluso a varios restores a fábrica. Este indica en todo momento que está conectado a internet e de feito, conectadome por outros lares a conta e verificar autodiagnóstico do equipo si da acceso a este.

    O malo e que probei tanto cun sobremesa por cable, 2 portátiles e 2 móviles por Wifi. Indican que esta todo correcto pero o Hitron non lles da saída hacia internet. En cambio si verifico que hay conectividade cun ping entre os equipos e o router, pero a unha ip, ou dirección web nada. Probei tamén configurando IP estática no sobremesa e poñendo dns's alternativas e tampouco.

    E quería saber se é algún problema habitual no router ( a min dame coas DNS's ), ou pode ser algo puntual que so pode solventarse con visita técnica.

    Un sáudo, Jose Manuel

    publicado fai 4 anos por Jdiospa

  • Ola jdiospa,

    Acabamos de ver o teu acceso e efectivamente había un erro. Confírmanos por favor que agora xa che funciona de novo.

    Un saúdo e benvido ao foro

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Gracias,

    En canto chegue a casa xa vos confirmo.

    publicado fai 4 anos por Jdiospa

  • Confirmado. Servicio funcionando correctamente. Procedo a cancelar a visita técnica.

    PD: Queixa/Reclamación. Parece mentira que cando chamei e expliquei o mesmo que auí non mo soubesen solventar. ( Aínda que a atención fose perfecta ).

    Moi bo traballo dende os foros de soporte.

    Saúdos

    publicado fai 4 anos por Jdiospa