Problemas de conexion continuadas - internet

soporte técnico R : internet

Problemas de conexion continuadas

  • Hola Hay moitos anos que son cliente de Mundo-r. Antiguamente xa o fora tanto de Telefonica como de Ya.Com ou de orange, e sempre que alguen me preguntaba por meter un servicio de internet na casa, eu sempre lle decia que o mellor sin duda algunha era Mundo-R, e asi o sigo pensando, seguides sendo os mellores.

    Oitra cousa distinta e o empeoramento da calidade de conexion que se ten de un tempo para aca, acordome cando empecei que estabades a anos luz de calquera oitro, sin embargo ahora, cada dous por tres temos problemas de conexion. Eu penso que foi desde que me cambiaron o router por este Hitron que temos ahora, cortes continuados, perdida de velocidade, e reinicios cada dous por tres do router para que volva a funcionar, asi como a visita do tecnico, cando xa nos dende aqui non somos capaces a poñer o servizo a funcionar.

    Creo que o peor enemigo que ten Mundo-R son eles mesmos, e decir, cando antes, sin ningunha dubida , recomendaria os seus servizos a calquer amigo en estes momentos mo pensaria. Creo que si hay problemas de algun tipo se deberian solucionar, si este router saleu defectuoso deberiase de cambiar por outro, de feito cando antes tiña contratada unha velocidade de 100Mb, tuben que baixala a 20Mb oitra vez por que durante meses non me daba mais dos 30Mb ca medicion de velocidade, e como comprenderan non vamos a estar pagando unha liña de 100Mb cando non os da, para eso xa esta a ADSL de calquera das oitras compañias.

    Creo que ninguen sabe os problemas que teñen os usuarios millor que vos, e tamen penso que sabedes perfectamente donde estan os problemas. Sei que o servicio tecnico non ten culpa de esto, que o problema seguramente ven mais de arriba, pero penso deberiades intentar, a lo menos, corregilos antes de que vos convirtades en unha compañia como as oitras probeedoras de ADSL que todos conocemos e odiamos.

    un saludo

    publicado fai 7 anos por ladeva

  • Ola ladeva,

    Ante todo moitas grazas pola túa confianza en nós.

    Somos conscientes que ainda que non o facemos mal, dado que estamos a dar a mellor calidade sempre podemos mellorar. Por suposto tomamos a peito as túas suxestións para seguir mellorando.

    Vemos que xa contactaches telefónicamente connosco no departamento técnico de R, debido a estes fallos que detectaches na túa conexión
    Esperamos que quede resolta esta incidencia e quedamos á túa disposición para calquera dúbida que teñas.

    Un saúdo.

    publicado fai 7 anos por soporte técnico