Redirección De Portos - internet

soporte técnico R : internet

Redirección De Portos

  • Boas,

    Estiven a ver a documentación sobre a configuración da redirección de portos usando o router Hitron, a través da web (xestionrouter.mundo-r.com), xa que o acceso a través a web do router non funciona (192.68.0.1, co usuario e o contrasinal de sempre)

    Vin que o sistema de redirección de portos permite indicar unha dirección IP interna e un porto pero, claro, dado que as máquinas utilizan DHCP para obter as direccións IP, a mesma máquina non ten por qué obter sempre a mesma IP.

    Na web do router, podíamos configurar unha redirección de portos usando un nome de máquina (hostname) e preguntábame cómo podería facer a mesma cousa utilizando a nova web. É dicir: IPExterna:porto => HostnameLAN:porto, en lugar de IPExterna:porto => IPInterna:porto

    A máquina a que quero redirixir algúns portos hoxe ten a IP 192.168.0.6 e onte tiña a 192.168.0.5. Polo tanto,a redirección usando unha IP interna non me sirve de moito :o( O router coñece a máquina á que me quero conectar polo hostname, xa que se escribor "http://CondexHome" no navegador, éste abre correctamente o servidor web instalado na máquina en cuestión.

    En resumo: - É posible configurar unha redirección de portos como digo (podíase desde a interface web do router)? - Se non, é posible acceder de novo a interface web do router? O usuario home xa non funciona :o(

    Un saúdo.

    publicado fai 6 anos por Merchi

  • Hola, yo en mi caso tengo el ruter Cisco y accedo a su interfaz web con las claves: admin y clientes R. No sé si te servirá para el Hitron. Para lo demás, no sé, deben estar saturados los técnicos de trabajo que no contestan

    publicado fai 6 anos por jmaguiar70

  • Ola Merchi,

    Ante todo desculpa pola tardanza.

    Sí que é posible configurar unha redirección de portos como indicas dende a interfaz web, debes acceder dende  “servizos” > “firewall” > “redirección de portos”, seleccionando a opción “básica

    Cubrir os datos requeridos e na última opción pódese escoller “Enderezo IP” ou “nome do host”, neste caso debes escoller nome do host e cubrílo.

    Indicar tamén que co fin de mellorar a seguridade, actualizamos o contrasinal de acceso ao panel de administración do router Hitron. O usuario segue a ser "home" e o contrasinal é o teu identificador de internet en R.

    Para saber o teu identificador de internet, tes que acceder á parte de servizos contratados, dentro da web de clientes de R . Despregando o teu "combo", verás que ao lado de "internet" hai un número entre parénteses. Ese número é o teu novo contrasinal. Inténtao con estes datos e calquera cousa nos comentas.

    Un saúdo.

    publicado fai 6 anos por soporte técnico

  • Ola,

    @jmaguiar70: Xa probei con eses datos, e tampouco conseguira conectar. Gracias de todas maneras ;o)

    @soporte técnico: Pois non din atopado esa opción que me comentas dende a interfaz web: "Servizos" > "Firewall" > "Redirección de portos".

    En todo caso, xa encontrei o identificador de Internet e accedín ao router usando a súa interfaz web. Mellor así, é máis fácil dende unha interfaz xa coñecida ;o)

    Con esto queda resolta a miña dúbida. Non sei se seguides algún protocolo típico dos foros para marcar un fío como "Resolto". Estaría ben por si algún outro usuario ten o mesmo problema, igual pode aplicar a mesma solución.

    Moitas gracias por contestar tan rápido.

    Un saúdo!

    publicado fai 6 anos por Merchi

  • Ola Merchi,

    Alegrámonos que quedase solucionado.

    Moitas grazas.

    Un saúdo!

    publicado fai 6 anos por soporte técnico