problemas ca wifi - internet

soporte técnico R : internet

problemas ca wifi

  • Boa tarde, teño un problema co wifi que nunca tivera antes. Eu son titular dunha liña en Monforte, pero agora mesmo por motivos laborais vivo en Vigo, e no piso no que vivo temos wifi R. Máis ou menos sei que ó haber tantas redes na zona na que vivo a frecuencia está ocupada e por eso a calidade non é a mellor, pero este wifi ten problemas xusto ó lado do router, explícome: onte ca tablet ó lado do router a conexión perdíase constantemente, e era imposible utilizar yomvi por exemplo, cando en Monforte nunca me deu ningún problema nin ningún corte. pero o peor non é eso, o peor é que a cobertura do wifi non chega nin a 6 metros de distancia co router, que é por exemplo onde está a miña habitación, 6 m en línea recta nun pasillo sen obstáculos ata a habitación, co portátil chega a collerse algo de conexión, pero córtase constantemente, pero nin co móbil nin con tablet se chega a coller (ca correspondente ruina de datos móbiles que supón non poder utilizar o wifi na casa) sei o problema ese das frecuencias pero que o wifi non chegue nin a 6 metros paréceme moi forte, ninguén pide que chegue a máxima velocidade nin que chegue a 50 metros de distancia, será que veño mal acostumado en Monforte que uso a miña propia wifi na rúa estando o router nun quinto piso. Pero pagar un servizo para que o wifi non chegue nin a unha habitación paréceme inadmisible. o PLC(que aínda por riba ten custo) podería ser unha solución, pero non sei, podería ser que houbese un problema co wifi? ca antena ou router? aí era a onde quería chegar eu xa que por moita interferencia que haxa que se corte xusto o lado e que non chegue a 6 metros de distancia con estabilidade paréceme difícil de crer. grazas, un saúdo

    publicado fai 7 anos por hectort_11

  • Ola hectort_11,

    A calidade/velocidade do acceso a internet vía WIFI pódese intentar mellorar pero non se pode garantir porque depende de factores incontrolables como son: o número de redes wifi no entorno, a existencia de equipos que poidan interferir (microondas, teléfonos inalámbricos, lámpadas halóxenas, aparatos de video vixilancia, cables coaxiais soltos...).
    Algunhas destas circunstancias poden variar dunha hora do día a outra co que é posible que se noten diferenzas de navegación dunhas horas a outras.
    Proba a cambiar a canle de emisión da wifi, pincha neste enlace http://foros.mundo-r.com/foros/foro-internet/197-configura-o-teu-router-r e accede a cambialos parámetros.
    Tamén é aconsellable que sitúes o router o máis alto que poidas e o máis afastado posible de electrodomésticos.
    Intenta facer esos cambios e nos comentas co que sexa.

    Saúdos.

    publicado fai 7 anos por soporte técnico

  • Efectivamente habería que ver se as paredes do pasillo son de pedra... ;-)

    Na miña experiencia acado a maior velocidade e cobertura facendo isto:

    1.- axustar canle óptima con menor ocupación (podes checar co "insider") pero en xestionrouter.mundo-r.com o fai automático 2.- axustar a potencia do router (a veces meter 100% é peor porque aumentan as reflexións, a min vaime ven con 50-75%) 3.- axustar a seguridade (filtrado por Mac máis farragoso para novos dispositivos na rede pero mete menos carga de protocolo que as outras opcións)

    Xa digo, a miña experiencia puramente persoal.

    Pero como con cable non hai... un PLC vai de luxo (moito mellor ca un repetidor) e cable ethernet UTP cat 6 dende o router o mellor ;-)

    Apertas

    publicado fai 7 anos por fercu