proxecto depoGAP - internet

soporte técnico R : internet

proxecto depoGAP

  • Ola a todos.

    Este fío estará centrado nos clientes que están a participar en depoGAP, un proxecto da Deputación de Pontevedra chamado depoGAP (cofinanciado con fondos FEDER) de eficiencia e control enerxético da vivenda.

    Aquí podederes realizar as vosas consultas ou dúbidas de carácter técnico.

    Un saúdo.

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Boas, non podo acceder a xestion do centro de domotica. Segun o intalador poderia acceder co meu usuario e contrasinal dende a paxina e dende meus servizos, fogar dixital. So me sae o ollomol. Algunha opinion?

    saudos

    publicado fai 4 anos por Helga

  • Ola Helga

    Imos revisar o que nos indicas e comentámoste

    Un saudo

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Ola Helga

    Por favor comproba que estés accedendo a este enlace: Http://fdweb.mundo-r.com/depogap

    grazas

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Boas. Dende a páxina de control ponme que el sensor no envía datos dende hai 3 días.

    Probei a recargala páxina, a cambiar de navegador, a reiniciar o aparello que instalou o técnico...pero todo segue igual.

    Grazas

    publicado fai 4 anos por maikelpen

  • Ola maikelpen

    Revisamos os datos e non vemos cal é o sensor que non está a enviar información, poderías indicarnos que aparato ou sensor é o que non envía os datos?

    Un saúdo.

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Ola outra vez. Pois os sensores que non reciben datos son o enchufe 1 e o 2 e en equipos conectados. Por enriba de cada sensor nun recadro de cor laranxa pon "el sensor no envia datos", e debaixo de potencia e energia acumulada pon "la medida podria ser obsoleta" cunha advertencia triangular vermella. No caso de equipos conectados a advertencia aparece debaixo de dispositivos conectados.

    Ésta mesma advertencia aparece nos datos doutro sensor, o amperimetro.

    Cando entro en "detalle" dentro de cada sensor podese ver que o ultimo dia sinalado na grafica é o 1 de setembro, aclarando eso si, que ámbolos dous sensores están sendo utilizados con outros electrodomésticos ata o día de hoxe...pero non mostran os datos de consumo eléctrico actual.

    publicado fai 4 anos por maikelpen

  • Ola maikelpen,

    O control R estaba respondendo mal, tiña ocupada o 100% da CPU. Fixemos un reinicio remoto dende aquí e agora está enviando ben as medidas.
    Compróbao e calquera cousa nos comentas.

    Un saúdo

    publicado fai 4 anos por soporte técnico

  • Hola, entro en mi pagina de depogap y esta totalmente vacía no hay información ninguna... o sea que esta en blanco

    imaxes adxuntas

    publicado fai 4 anos por INFORGRAFT

  • ya me respondo yo mismo no se veía desde el mac

    publicado fai 4 anos por INFORGRAFT