WiFi doble banda: o 5GHz e a importancia do SSID - internet

soporte técnico R : internet

WiFi doble banda: o 5GHz e a importancia do SSID

  • Ola a todos,

    De seguro que moitos xa oistes falar dos routers WiFi de doble banda,de frecuencias 5GHz... pero que é iso? que nos aporta? estou usando esa dual-band?

    Imos tratar de aclarar algunhas dúbidas sobre esto.

    Comezamos:

    A meirande parte do routers WiFi únicamente emiten o sinal inalámbrico nunha frecuencia de 2,4 GHz. Esta frecuencia tamén é usada por moitos outros aparatos, dende un teclado ou rato inalámbrico, pasando por dispositivos bluetooth ou mesmo electrodomésticos como o microondas da casa.

    Por tanto, como é evidente, nos atopamos ante unha frecuencia que está verdadeiramente saturada e exposta a interferencias. Comprobade a cantidade de redes WiFi que detectades dentro do alcance na vosa propia casa...

    Para paliar esta situación, "naceu" unha nova banda de frecuencias, a de 5GHz.

    Os routers que empregan estas dúas bandas (2,4 e 5 GHz), como é o router Cisco de R, son os chamados routers de doble banda.

    Ventaxas e inconvenientes

    Frecuencia de 2,4GHz: as principais ventaxas son dúas, que teñen gran alcance e que prácticamente tódolos dispositivos (portátiles, smartphones, tablets…) son compatibles con esa frecuencia. A parte mala, como xa vimos, é que está moi saturada especialmente en zonas urbanas, habendo interferencias que provocan cortes, lentitude…

    Frecuencia de 5GHz: a principal ventaxa é que estas redes non teñen a saturación que hai na frecuencia de 2,4GHz, mellorando así a calidade da conexión inalámbrica.

    Pero non todo pode ser perfecto, e estas redes teñen moito menos alcance WiFi. Ademáis, non tódolos dispositivos son compatibles con 5GHz (revisade se a vosa WiFi ou o voso móvil ten WiFi dual-band).

    Consello: se o voso dispositivo (PC, Smartphone, Tablet…) é dual band, usade a rede de 5GHz cando estedes preto do router WiFi. Se ides estar un pouco máis lonxe, conectade coa rede de 2,4GHz.

    IMPORTANTE: en moitas ocasións, os routers dual band poñen o mesmo nome de rede SSID (por exemplo "R-wlan3") á wifi que emiten en 2,4GHz e á de 5GHz.

    Procurade que non sexa así porque, se ambas redes teñen o mesmo nome, non saberedes moi ben a cal delas vos estades a conectar nin será doado escoller cal é a que convén conectar en cada momento.

    Poñede por exemplo "R-wlan3" para a frecuencia 2,4 e "R-wlan3_5G" para a wifi de 5GHz

    Neste fío explicamos como podedes entrar no router e cambialo: http://foros.mundo-r.com/foros/foro-internet/197-configura-o-teu-router-r

    Un saúdo.

    publicado fai 5 anos por soporte técnico

    editado fai 3 meses por soporte técnico

  • Yo he configurado el Cisco, tal como explicáis aquí. Pero desde hace ya por lo menos 2 semanas, que yo sepa, por algún motivo que desconozco, el Router cambia solo el SSID y la contraseña. Ya ha ocurrido como digo en 3 ocasiones, en esas 2 semanas. He pasado aviso al servicio técnico hace ya bastantes días, pero no he recibido respuesta. Es un error del propio Router? O puede ser un problema "ajeno" al mismo? Saludos!!

    publicado fai 5 anos por Javier

  • Hola Javier,

    Revisamos la configuración de tu router y no se detecta ninguna incidencia, ahora mismo lo tienes correctamente configurado. No podemos saber por qué motivo se pudo resetear a valores de fábrica, si físicamente no se ha hecho, no es un comportamiento normal.

    Comprueba el servicio estos días y coméntanos si vuelves a tener algún problema o se repite el error, por si hay que enviar un técnico a revisar el equipo.

    Un saludo.

    publicado fai 5 anos por soporte técnico