Sen acceso ò router - internet

soporte técnico R : internet

Sen acceso ò router

  • Acabades de instalarme fibra NEBA pero non consigo acceder ò meu router ZTE H289Q. Probei con cable ethernet e por wifi tentando conectar coa porta de enlace que me da ipconfig e que responde correctamente ò ping...

    publicado fai 2 meses por amflafuente

  • Ola,  amflafuente.

    Para acceder ao router, na barra de procura dun navegador debes poñer  http://192.168.1.1:6980. Despois pedirache as credenciais, o usuario é user e o contrasinal é 1234.

    Un saúdo.

    publicado fai 2 meses por soporte técnico

  • Vale,dende o ordenador agora sí podo, o problema é que ó estar pechado o acceso a un só porto a app de ZTE no movil non me recoñece o router...

    publicado fai 2 meses por amflafuente

  • Ola de novo, amflafuente.

    Entendemos que queres configurar os parámetros do router a través dunha aplicación de ZTE.

    Se iso é así sentimos indicarche que non é posible facelo desa forma pois non se trata dun equipo “libre” pois ten cargada una configuración e parámetros específicos.

    Un saúdo.  

    publicado fai un mes por soporte técnico