fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Acabades de instalarme fibra NEBA pero non consigo acceder ò meu router ZTE H289Q. Probei con cable ethernet e por wifi tentando conectar coa porta de enlace que me da ipconfig e que responde correctamente ò ping...
publicado fai 6 meses por amflafuente
Ola, amflafuente.
Para acceder ao router, na barra de procura dun navegador debes poñer http://192.168.1.1:6980. Despois pedirache as credenciais, o usuario é user e o contrasinal é 1234.
Un saúdo.
publicado fai 6 meses por soporte técnico
Vale,dende o ordenador agora sí podo, o problema é que ó estar pechado o acceso a un só porto a app de ZTE no movil non me recoñece o router...
publicado fai 6 meses por amflafuente
Ola de novo, amflafuente.
Entendemos que queres configurar os parámetros do router a través dunha aplicación de ZTE.
Se iso é así sentimos indicarche que non é posible facelo desa forma pois non se trata dun equipo “libre” pois ten cargada una configuración e parámetros específicos.
Un saúdo.
publicado fai 5 meses por soporte técnico