Cambio a fibra optica peor que antes - internet

soporte técnico R : internet

Cambio a fibra optica peor que antes

  • Dende o cambio de equipos de balde por parte de R, a conexion é moito peor, hoxe mesmo teño que estar conectado ós datos do movil incluso para escribir esto. A velocidade é moi baixa, e o novo router ó ter o ont integrada quedou nunha zona da casa que non debe chegar correctamente. Para mellorar a situacion cambiaronme ó combo dende o cambio de equipos, subindome a tarifa, sin pedilo. Esto ultimo si que mo esta revisando R, e estou pendente da resposta. En resumo, moito mellor sin fibra optica, visto o visto.

    publicado fai un mes por NairdaOA

  • Ola,  NairdaOA.

    Con respecto ao que me comentas da baixa cobertura da conexión wifi desde o cambio de equipos hai varios factores para ter en conta.

    A primeira acción a tomar, sería o cambio da canle de emisión da rede wifi en ambas as dúas bandas para ver se así, a propagación da rede, mellora. Na maioría dos casos con isto simplemente é suficiente. De non ser así, o departamento de soporte técnico pode revisar contigo e, se é preciso, aplicar otras medidas.

    Por último, en canto ao tema da factura, mediante esta canle de comunicación non temos opción de revisalo. En calquera caso, os compañeiros que o xestionan, contactarán contigo o antes posible.

    Un saúdo.

    publicado fai un mes por soporte técnico