Código IUA - internet

soporte técnico R : internet

Código IUA

  • Boas tardes,

    Solicitei unha alta de liña para un domicilio no que nunca houbo ningún servizo instalado de ningunha compañía. A miña solicitude foi rexeitada polo departamento encargado da verificación dos datos técnicos por falta do código IUA. Se non teño entendido mal, ese código podería aparecer reflectido nunha factura ou na propia instalación do domicilio, pero claro, ao non ter dado de alta ningunha liña nunca con ningunha compañía, pois nin hai factura nin hai equipo instalado no domicilio (só no portal).

    A miña dúbida é, hai algún sitio onde poida consultar ese código que non sexan os indicados (pola súa ausencia)?

    Dende R indicáronme que volvían a activar a solicitude, pero claro, se a volven rexeitar por falta do código e eu non o podo consultar en ningún sitio porque non hai nada no domicilio volvemos estar na mesma.

    Grazas, por adiantado, pola resposta.

    publicado fai 2 meses por Sergi

  • Ola, Sergi.

    Lamentándoo moito, desde o soporte técnico non podemos axudarche co teu caso, xa que é un tema administrativo.

    Podes contactar cos nosos compañeiros do departamento comercial chamando ao número 1449 opción 3

    Desculpa as molestias, un saúdo.

    publicado fai 2 meses por soporte técnico