Dúbida Fibra Max con CG-NAT - internet

soporte técnico R : internet

Dúbida Fibra Max con CG-NAT

  • Bo dia,

    Recibín o correo sobre a actualización a Fibra Max. A consulta é: vaise implantar con CG-NAT ou respectaredes a asignación actual e IPv4? Dado que se o cambio viñera forzado a implantar CG-NAT tería que ver de cambiar de proveedor.

    publicado fai 3 meses por rubensg

  • Ola, rubensg.

    Actualmente non temos o servizo CG-Nat activo e polo tanto podes facer a migración sen problema ningún.

    En calquera caso, se chegado o momento activamos dita opción revisaríamos como poder axudarte.

    Un saúdo.

    publicado fai 3 meses por soporte técnico