toma ethernet - internet

soporte técnico R : internet

toma ethernet

  • Saúdos. Teño router no salón e dende alí saco un PLC para dar internet noutras zonas da casa a través do cableado eléctrico. Si no salón mediante ethernet obteño maís de 300MB , nas outras partes da casa mediante PLC (wifo ou ethernet) chego máximo aos 50MB.

    En que consiste a toma ethernet que anuncian na web? precisaba dar acceso a un pc noutra zona da casa diferente ao salón , e alí necesito velocidade (os 50MB do PLC quedan curtos para traballar). Consiste a toma ethernet en cablear rede a través das tomas existentes na casa e sacar unha toma noca perto do PC ou ben refírese a un PLC máis avanzado con saida ethernet que permita acadar velocidades importantes?

    publicado fai 3 meses por vedramio

  • Ola.

    Existen varias alternativas que utilizamos para solucionar o problema de velocidade e cobertura que tes debido á distancia:

    - facer a instalación con cable de rede (toma ethernet).

    - utilizar Wifi mesh.

    - modificar a instalación para achegar o router aos equipos.

    Todas elas son válidas para alcanzar as velocidades que necesitas para o teu traballo.

    En canto a toma ethernet que consultas, efectivamente consiste en levar un cable RJ45 desde o router ata a estancia desexada e alí poñer unha toma de rede. A forma en que o fagan chegar vai depender do domicilio, pero normalmente vai por superficie.

    O wifi mesh non precisa instalación , e chegarías tamén ás velocidades desexadas.

    Para calquera outra consulta podes chamar ao 1445 e informarante puntualmente de calquera das opción indicadas.

    Un saúdo.

    publicado fai 3 meses por soporte técnico