backhaul ethernet wifi mesh - internet

soporte técnico R : internet

backhaul ethernet wifi mesh

  • Ola. ¿Pódense configurar os wifi mesh como swtich ethernet?. Quero conectar por cable o mesh principal co satélite e utilizar éste como switch de rede e polo que lin teñen que ter a opción backhaul ethernet. Os ZTE de R dispoñen desa función?.

    publicado fai 3 meses por rubenbarbeito

  • Ola, Rubén.

    Actualmente, o modelo de wifi mesh que comercializamos é ZTE ZXHN H196 Q.  

    Trátase dun punto de acceso Wi-fi de dobre banda, que permite crear unha rede Wi-fi Mesh con varios puntos de acceso. Dispón dunha interface WAN GbE para a conexión ao router (backhaul) e dúas interfaces LAN GbE para conexión de dispositivos de cliente.

    Esperamos que isto aclare as túas dúbidas.

     

    Un saúdo.

    publicado fai 3 meses por soporte técnico