Velocidade de subida e DNS - internet

soporte técnico R : internet

Velocidade de subida e DNS

  • Boas,

    a ver se podedes darme solución. Xa hai tempo que estou experimentando velocidades de subida sumamente lentas (da orde de 3-4mb). Non importa se estou por cable ou por wifi, e non teño ningunha outra conexión/dispositivo que esté xerando tráfico.

    Se reinicio o router entón volve a funcionar ben, pero pasado un tempo volve á mesma. Tamén se vos chamo, o asistente que salta antes de falar cun operador recoñece que hai un erro e reinicia a conexión de xeito automático, tras o cal volve a funcionar. Por certo, este equipo tarda moitísimo en reiniciar e poñerse en liña.

    Igualmente, sigo a ter o problema de que a wifi deixa de difundir e cada 2x3 da erro DNS_PROBE_NOT_FINISHED. Perde a conectividade e hai que reiniciar a conexión para que volva a collela.

    O tema da perda dos DNS non é problema do ordenador porque este problema solamente o teño cando estou conectado nesta conexión de R. Cando estou no traballo ou noutro domicilio todo vai ben.

    A ver se me podedes dar resolución a esto porque é sumamente molesto e levo así xa moito tempo.

    Saúdos

    imaxes adxuntas

    publicado fai 3 meses por CLiFFF

  • Hola, CLiFFF.

    He revisado tu línea junto con mis compañeros de soporte técnico y los valores de señal que llegaban no eran correctos

    Tras un nuevo ajuste ahora la señal si llega con total normalidad.

    Por favor, comprueba de nuevo y cualquier cosa me comentas.

    Un saludo.

    publicado fai 3 meses por soporte técnico

  • Sí, onte pola noite reiniciei un par de veces o router e xa volveu a funcionar con normalidade. A ver se con eso e os axustes feitos polo voso lado se soluciona finalmente.

    Saúdos

    publicado fai 3 meses por CLiFFF

  • Ola.

    Grazas pola información, esperamos que a solución sexa definitiva.

    Un saúdo.

    publicado fai 3 meses por soporte técnico

  • Bo día,

    sigo experimentando os problemas de DNS por culpa do router. Cada x tempo o router perde a sua configuración DNS e é imposible seguir navegando ata volver a reconectar a conexión. Solamente responde o router a pings, pero de ahí cara fora nada.

    Non é cousa do ordenador, pasa en todos os meus ordenadores cando emprego a conexión de R mentras que noutras conexións nunca aparece este erro. Da igual que configure DNS´s alternativos a nivel de SO porque a perda é no router.

    Saúdos

    imaxes adxuntas

    publicado fai 3 meses por CLiFFF

    editado fai 3 meses por soporte técnico

  • Bos días CliFFF, 

    O que nos indicas non é o comportamento habitual do router. 
    Sería necesario que nos chamases ao 1449 marcando a opción número 2 para que os compañeiros de soporte técnico revisen a túa incidencia.

    Lamentamos as molestias ocasionadas.
    Un saúdo.

    publicado fai 3 meses por soporte técnico