Fallas aleatorias e error ao cargar - internet

soporte técnico R : internet

Fallas aleatorias e error ao cargar

  • Bos días Dende hay xa un par de semanas veño notando que con certa frecuencia, maiormente máis dunha vez por semana, teño que reiniciar o router para volver ter internet de xeito estable ou, mesmo nalgúns, casos, volver ter internet, porque quedo sen conexión.

    Amais, con moita frecuencia, case todos os días, cando quero entrar en páxinas con moitas imaxes, vaia como exemplo Aliexpress ou Imgur, as ditas imaxes cargan de xeito aleatorio, en moitos casos deixando máis da metase sen cargar. Ao principio penso que sería problema da web en cuestión, pero co tempo, ao ver que me pasa en todas, está claro que é problema da conexión.

    Por último, quero queixarme do servizo, que dende hai xa uns cantos anos non deixa de empeorar. Hai xa moitos anos que son cliente voso, e ao comezo estaba bastante contento e mesmo recomendaba a empresa, pero actualmente estou pensando seriamente en cambiar a outra, e xa non teño claro en absoluto recomendarlla a ninguén. Non estades facendo as cousas ben, e non son o único que o pensa.

    publicado fai 5 meses por martinL

  • Bos días, Martín.

    En primeiro lugar pedir desculpas pola demora na resposta.

    Vexo que a incidencia da internet foi resolta por un técnico no teu domicilio.

    Con respecto ao que indicas do servizo, estamos a mellorar a nosa rede de fibra para dar solucións a todos os nosos clientes; espero que tras esta actuación quedase todo correcto e que a túa experiencia connosco sexa positiva.

    Un saúdo.

     

    publicado fai 3 meses por soporte técnico

    editado fai 3 meses por soporte técnico