Atopar a miña rede wifi - internet

soporte técnico R : internet

Atopar a miña rede wifi

  • Ola,

    En moitos casos preguntádesnos como podedes comprobar vos mesmos cal é a vosa rede wifi, cal é o nome da rede (SSID) e a contrasinal.

    A continuación pasamos a indicarvos os xeitos máis sinxelos:

    1. No router.

    Cando está a valores de fábrica, podemos comprobalo a través da pegatina do router. Se nalgún momento non lembrades cal é a vosa clave podedes restablecer orouter e conectarvos coa que ten configurada por defecto.

     

    2. A través da web de clientes de R (http:// clientes.mundo-r.com/).

    No apartado de internet, podedes ver o nome a contrasinal das dúas redes wifi. Tedes que entrar en "a miña wifi" e en "ver ou cambiar parámetros wifi".

     

    3. A través do teléfono, co noso sistema automatizado de resposta interactiva.

    Se chamades ó 1449 opción 2/1/1/2 (2 AVERÍAS / 1 INTERNET / 1 CLAVE WIFI / 2 RECUPERAR WIFI). De este xeito chegará un sms o número móbil de contacto con nome da wifi e a contrasinal.

     

    Esperamos que vos sirva de axuda.

     

    imaxes adxuntas

    publicado fai 9 meses por soporte técnico

    editado fai 9 meses por soporte técnico