Síntome estafado 3 ollos - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

Síntome estafado 3 ollos

  • R animounos a probar o servizo 3 ollos de xeito totalmente gratuito. Aceptamos xa que se nos asegurou en numerosas ocasions que no caso de non estar satisfeito non teria un custe dándose de baixa antes dos tres meses. Probamos na casa a cámara o sensor de entrada e o medidor eléctrico que instalaron dentro do cuadro eléctrico, nese intre preguntamoslle os técnicos como se retiraría ese sensor no caso de non continuar co servizo remitindonos ao 1449 onde nos informan que non teria custe algún. O sistema funcionaba relativamente ben exceptuando a conectividade con IOS. Ao cabo dun mes non acabamos de ver a utilidade e chamamos para comunicar o desexo de darnos de baixa alentándonos a concluir o período de proba, e así ata en 3 ocasions, informamos a R que o sensor da porta e o do cuadro eléctrico non éramos quen de retirálos, o da porta porque danabase a pintura da mesma e o do cuadro eléctrico por falla de coñecementos e medo o risco eléctrico; indicannos que non temos que devolvelos, en varias ocasions, Devolvemos a cámara, e o concentrador no seu embalaxe en tenda, onde voltamos a comentar que temos dous sensores que non somos quen de retirar é que non queremos, e voltan a indicar que non nos preocupemos. A partir de aí facturásemos o importe dos sensores, e e comeza un periplo de chamadas e apertura de incidencias que rematan na apertura de outras, mais propio dalgún filme dos Monty Python que dunha empresa seria.

    O mais gracioso desta situación é que seria mais barato manter o servizo que dalo de baixa no período de proba.

    Atentamente, uns clientes molestos e insatisfeitos.

    Boas festas!

    publicado fai 2 anos por fgarcal