fío aberto: os usuarios poden escribir comentarios. O fío pecharase tras 30 días sen actividade
fío pechado: os usuarios non poden escribir máis respostas a este fío
fío pechado automáticamente: o fío foi pechado tras 30 días sen comentarios. AVISO: ainda que abras de novo o fío, volverá a pecharse esta noite se non hai ningún comentario novo no fío
fío sempre aberto: o fío manterase aberto sempre, non se pecha automáticamente tras un periodo de tempo sen comentarios.
Ola, a todos.
Implementamos unha nova funcionalidade na web de 3ollos R: descarga de vídeos.
Algún de vós xa nos comentou que quería descargar os vídeos que se gravan ao abrir a porta ou cando hai movemento.
Na web de 3ollos R, accede ao menú de gravacións. Escolle o vídeo que queiras descargar e xusto debaixo, pulsa o botón "descargar vídeo".
Que vos parece? Útil, non si?
Ollo! Esta funcionalide está en probas e só a podedes utilizar dende a web. Así que se non podedes ver o botón de descarga, e que seguimos a traballar para melloralo.
Probádeo e xa nos contaredes como vai.
Un saúdo.
publicado fai 2 anos por soporte técnico