modos: dille a 3ollos R cando estás na casa e cando non - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

modos: dille a 3ollos R cando estás na casa e cando non

  • Ola.

    Se lle dis a 3ollos R cando estás na casa e cando non, podes acender equipos de xeito automático, recibir avisos se alguen abre a porta cando non estás ou apagar os electrodomésticos que teñas en stand-by para aforrar enerxía.

    Para dicirllo, tes que utilizar os modos: na casa, fóra da casa e noite.

    Hai dous xeitos de configuralos. Podes facelo de xeito manual ou programalo.

    Se escolles o xeito manual, terás que informar a 3ollos R cada vez que sexa noite ou saias e entres na casa.

    Podes facelo na app pulsando o menú de inicio > manual.

    Despois, marca os modos segundo as túas necesidades.

    Se non queres andar a cambiar os modos cavez que saias, podes programalos.

    Para facelo, na app pulsando o menú de inicio > programado.

    Despois, pulsa programación do modo para configurar o teu horario.

    Escolle un día da semana e dille a 3ollos R se estarás na casa, fóra ou se é noite.

    A app che ofrece a posibilidade de copiar a programación dun día a outro. Deste xeito só terás que configurar un.

    Que che parece?

    imaxes adxuntas

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai 2 anos por soporte técnico