por que non é conveniente que cambies os sensores de sitio - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

por que non é conveniente que cambies os sensores de sitio

  • Ola a todos,

    Os sensores que cada un ten na casa, forman unha rede zwave similiar á desta imaxe:

    Cada punto verde é un sensor, medidor ou detector que se comunica directa ou indirectamente co punto vermello que é o concentrador.

    Se se moven de sitio, os dispositivos poden perder a cobertura ou, se funcionan como repetidores doutros sensores da rede, facer que estes perdan completamente a comunicación co concentrador.

    Para que te fagas unha idea, a cobertura da túa rede zwave chega un paso atrás á cobertura da vosa rede wifi. Se moves e afastas os dispositivos da rede, perdes medidas, así como as regras e accións que teñas programadas.

    Antes de mover calquera sensor de sitio, consúltanos.

    Un saúdo

    imaxes adxuntas

    publicado fai 3 anos por soporte técnico

    editado fai 3 anos por soporte técnico