Personaliza 3ollos R: crea regras e avisos - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

Personaliza 3ollos R: crea regras e avisos

  • Ola.

    Unha das grandes funcionalidades de 3ollos R é que che permite crear regras para que recibas avisos cando:

    • Chegue á casa a persoa que coida dos teus fillos ou dos teus pais
    • O consumo eléctrico da casa sexa tan alto que poidan saltar os plomos
    • Hai movemento na casa cando non estás

    3ollos R pon á túa disposición máis de 50 regras para facer da casa un espazo intelixente. 

    Onde podes crear esas regras? Dende a app ou na web 3ollosR.mundo-r.com

    Se o fas dende a app:

    Pulsa en menú > regras  > crear nova regra. Escolle a que máis se adapta ao que buscas e configúraa.

    Cando configures unha regra que afecta aos modos (na casa, fóra da casa ou noite) como: apaga un enchufe se é noite, tes que marcar ese modo na web ou na app. Se non lle dis a 3ollos R cando estás na casa ou cando é noite, non poderá actuar por ti.

    Se o fas dende a web:

    Pulsa en "configuración". Despois, na sección configuración > regras, utiliza os filtros para escoller a regra que queres configurar. Contas con tres tipos de filtro.

    • Filtro por acción: dille a 3ollos R que che mostre as regras que serven para que recibas un aviso ou aquelas que serven para que 3ollos R actúe por ti.
       
    • Filtro por uso: dille a 3ollos R que che mostre as regras que mellor se adaptan a nenos, maiores e mascotas. Filtra tamén por confort para facer do teu fogar un lugar mais cómodo ou filtra por tranquilidades para recibir avisos do que pasa na casa ou negocio cando non estás.
       
    • Filtro por equipo: dille a 3ollos R que che mostre as regras que afectan a un sensor, medidor ou cámara en concreto.

     

    Agora que xa tes unha idea do que queres programar, escolle unha regra e configuráa.

    Podes ver todas a regrar que configures na web ou na app.

    Tes máis info na web de 3ollos R.

    Xa nos contas ;)

    publicado fai 2 anos por soporte técnico

    editado fai un ano por soporte técnico