que é 3ollos R? - 3ollosR

soporte técnico R : 3ollosR

que é 3ollos R?

  • Ola a todos,

    Antes de nada, toca presentar 3ollos R. Se non o coñeces,  é un servizo de R que che informa de todo o que sucede na túa casa ou negocio cando non estás. E o mellor de todo é que podes personalizalo para que vos avise ou actúe por ti. Que significa isto? Que podes acender unha lámpada ou a calefacción dende o móbil ou pedirlle que che envíe un aviso se hai movemento cando non o esperas. Tamén podes aprender como aforrar na factura da luz e moito máis...

    Neste foro, gustaríanos que comentes connosco as túas  ideas, experiencias e dúbidas de carácter técnico.

    Así que séntese libre de opinar e escribir se buscas compartir as túas inquedanzas e experiencias sobre que é iso do fogar dixital.

    Un saúdo

    publicado fai 3 anos por soporte técnico